quinta-feira, 17 de junho de 2010

MAÑA VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “EN CLAVE DE PEDRA” DO ESCULTOR TUDENSE ROSENDO

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá venres 18 de xuño ás 20,30 horas a inauguración da exposición do escultor tudense Rosendo González Martínez “Rosendo” que amosará unha escolma da súa produción artística.
Rosendo comeza no 1984 o seu labor escultórico tallando granito e mármore, alternando esta actividade con modelado e baleirado así como técnicas de cantería. Ten impartido clases de cantería en diversas Escolas e Obradoiros de Emprego em diversas localidades de Galicia.
Na actualidade está ultimando a elaboración da escultura de Sócrates que o vindeiro venres 26 de xuño será reposta nos tudenses Xardíns de Troncoso lugar de onde fora arrincada no ano 1936 e que reproduce o monumento elaborado naquelas datas polo artista Benito Prieto Coussent, profesor de debuxo no Instituto local.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con esta nova exposición o Concello de Tui continua impulsando á promoción e difusión da obra dos nosos artistas locais, como é o caso do escultor tudense Rosendo que posúe xa unha acreditada traxectoria e que dende hai xa nove anos no realizaba unha mostra da súa obra en Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário