O grupo de Acordeóns Mascarenhas da Guarda ofrece este sábado, ás 20.30h un concerto no Teatro Municipal de Tui. Esta agrupación está dirixida por José Luís Lorenzo Rodríguez e conta na actualidade con quince compoñentes da Guarda, Tomiño, Tui e Ponteareas.
No concerto deste sábado en Tui Mascarenhas vai estrear catro composicións “O son do acordeón”, “La danza del fuego” de Manuel de Falla, “El golpe” e “Hello Dolly”.
As entradas pódense adquirir na web www.culturatui.info ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes da Área Panorámica.
Concerto do Grupo de Acordeóns Mascarenhas da Guarda
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data e hora: Sábado, 20 de novembro, ás 20.30h
Duración: 60-90 min.
Entradas: Venda en www.culturatui.info e o sábado dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 1€.
Sem comentários:
Enviar um comentário