Está promovida pola Dirección Xeral de Comercio coa colaboración do Concello de Tui
Esta campaña ten como obxectivo a promoción dos mercados municipais de Galicia, xa que dende a Dirección Xeral de Comercio, salientan que estes mercados son sinónimo de garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada. Engadindo que son garantía de boa compra avalada polos profesionais que traballan nestes mercados. Precisamente a Xunta co obxectivo de por de relevo a profesionalidade dos praceiros pon en marcha esta iniciativa para que os consumidores elixan aos praceiros máis queridos e valorados.
Deste xeito dende o luns 8 de novembro e ata o sábado 4 de decembro os clientes da Praza de Abastos de Tui recibirán un cupón por cada compra que deberán encher co seu nome, apelidos e teléfono de contacto, e no mesmo deben indicar tamén o nome do seu praceiro favorito. Logo o cupón deben depositalo nunha urna instalada na praza. Entre todos os cupóns o 22 de novembro e o 2 de decembro farase o sorteo de tres cheques de compra por importe de 75, 50 e 25€. Estes vales serán logo canxeables, ata o 31 de decembro, no propio mercado coma desconto en próximas compras.
Unha vez rematada a campaña será elixido o praceiro máis valorado polos clientes da Praza de Abastos, que recibirá o seu galardón nun acto institucional xunto aos outros praceiros seleccionados dos 100 mercados municipais galegos onde se leva a cabo esta iniciativa.
O Concelleiro responsable da área de Comercio, Moisés Rodríguez, destaca o valor desta campaña xa que pon de relevo a profesionalidade dos vendedores da Praza de Abastos, que asesoran aos consumidores na elección dos mellores produtos frescos para a nosa dieta diaria. O tempo salientase tamén, indica o edil, a estreita relación entre os clientes e o vendedor, asentada na confianza, profesionalidade e trato cercano e familiar.
Sem comentários:
Enviar um comentário