quarta-feira, 10 de novembro de 2010

“O Segredo dos Hoffman” chega este venres ao Teatro Municipal de Tui

Lagarta, Lagarta recibiu catro premios María Casares
É unha comedia, recomendada para público adulto. Ten unha duración de 95 minutos.
Unha comedia é a que chega este venres, ás 21.30h, ao Teatro Municipal de Tui da man de Lagarta, Lagarta. A compañía de Vedra levará a escena “O Segredo dos Hoffman”, unha obra teatral pola que recibiron este ano os Premios María Casares á Mellor Dirección, á Mellor actriz protagonista, ás Mellor actriz Secundaria, e á Mellor música orixinal.
As entradas, para a función deste venres, teñen un prezo de 6€ e 4€ e pódense adquirir na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica.
Lagarta, Lagarta con “O Segredo dos Hoffman”
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 12 de novembro, ás 21.30h
Entradas: 6€ - 4€
Duración: 95 min
Venda de localidades: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica

Sem comentários:

Enviar um comentário