O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto aos concelleiros José Ángel Villaverde e Ángel Gutiérrez visitaron este mediodía a empresa Eurocckp no polígono de Ribadelouro xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.
O xerente de Eurockp, Luís Corrales, acompañou ás autoridades na visita realizada á empresa na que puideron coñecer de primeira man o investimento de 1,5 millóns de euros que están a realizar para mellorar a súa produtividade e a calidade do seu produto. En concreto a empresa vén de apostar pola innovación coa instalación dunha liña de corte de granito con fío diamantado, que será a primeira destas características na zona, e coa adquisición dunha nova maquinaria para o pulido e abrillantado da pedra. Eurockp é unha das maiores empresas que hai na actualidade en Tui contan con 57 empregados e a súa facturación anual supera os 13 millóns de euros. Neste 2015 entre os seus obxectivos está chegar a exportar o 80 da súa produción a máis de 32 países.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a importancia que ten a empresa Eurockp así coma o apoio que dende a Xunta se da a este tipo de empresas fundamentais na creación de emprego. En concreto Eurockp obtivo unha achega do IGAPE de preto de 70.000 euros, e solicitou unha ampliación do prazo de xustificación da axuda de 187 mil euros do INEGA xa que a maquinaria non chegou a tempo para a súa xustificación en 2014.
Sem comentários:
Enviar um comentário