Os nenos e nenas de Tui que nestes días están de vacacións escolares poden gozar no Paseo Fluvial, a carón do Parque do Penedo da tirolina e do tobogán instalado hai xa unhas semanas polo Concello de Tui. A colocación destes dous elementos foi posible graza a achega de 26.093,15 euros realizada pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos.
Unha das nenas que estes días disfruta tanto da tirolina coma do tobogán é Elma que en reiteradas ocasión fixera esta solicitude directamente ao alcalde de Tui.
Tamén neste curso escolar 2014/15 o alumnado do CEIP nº2 estreou un novo parque infantil, orzamento en 34.364,91 euros, financiado tamén pola Deputación provincial con cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos.
Sem comentários:
Enviar um comentário