O Concello de Tui designou ao maxistrado-xuíz Antonio Piña Alonso coma pregoeiro das Festas de San Telmo 2015.
Antonio Piña Alonso, nado en Tui en 1965, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. En 1998 ingresou na carreira xudicial coma xuíz nos xulgados de O Carballiño e Ponteareas. En 2003 promocionou na categoría de maxistrado exercendo funcións de maxistrado-xuíz nos Xulgados de Lugo e Ourense e posteriormente sendo titular do Xulgado de Instrución nº2 de Ourense. Dende decembro de 2014 é presidente da Audiencia Provincial de Ourense. É da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e presidiu entre os anos 2007 e 2011 a Asociación Profesional da Maxistratura de Galicia, formando parte dende 2011 do Comité Executivo Nacional. Tamén presiden o Instituto Xurídico Académico e Social Ourensano. Antonio Piña foi distinguido coa Medalla Concepción Arenal pola súa contribución ao desenvolvemento do dereito penitenciario e co III Premio de Colaboración Universitaria.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou que coma é xa unha tradición o Concello de Tui aposta un ano máis por un tudense para dar lectura ao pregón que porá o punto de partida as festas patronais deste ano 2015. Unha lectura que terá lugar o sábado 4 de abril, ás 19h, no Teatro Municipal de Tui. O rexedor tudense amosou o seu convencemento en que será un ilustre pregoeiro para este 2015.
Sem comentários:
Enviar um comentário