Un
total de 12 clubs galegos e portugueses, que sumarán 300 remeiros,
daranse cita este domingo na Regata Miño Internacional Copa
Presidente da Deputación. Esta proba deportiva foi presentada esta
mañá na Casa do Concello, por parte alcalde de Tui, Moisés
Rodríguez, o concelleiro de Persoal, José Ángel Villaverde e os
responsables dos clubes tudenses organizadores da proba deportiva,
Manuel Landeira, José Prada, Francisco Javier Álvarez e Manuel
Ángel González. Tamén asistiu o presidente da Federación Galega
de Remo, Manuel Seijas, e José Luís Méndez, o primeiro presidente
do Club Remo do Miño.
A
Regata Miño Internacional disputarase a partir das 12h en augas do
río Miño entre San Pedro da Torre e o Centro Interfederado. Será a
primeira vez que sexa organizada de forma conxunta polos dous clubs
de remo tudenses: o Remo Tui e o Remo do Miño. Precisamente este
feito foi destacado esta mañá tanto polo alcalde de Tui, Moisés
Rodríguez, coma polo concelleiro José Ángel Villaverde, destacando
a súa satisfacción polo proceso de unificación que se está a
realizar entre ambas entidades deportivas dende hai xa uns meses e
que se pon de relevo nesta proba.
A
regata disputarase en Oito con temoneiro absoluto masculino, 4 scull
absoluto masculino, 4 scull absoluto feminino e coma novidade tamén
en 8 con temoneiro veterano.
Sem comentários:
Enviar um comentário