segunda-feira, 26 de janeiro de 2015

O próximo xoves 29 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido en Tui

O próximo xoves, 29 de xaneiro, abrirase o prazo de inscrición para participar no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar en Tui martes 17 de febreiro. O concurso vai dirixido tanto a grupos coma a comparsas que deberán inscribirse, cubrindo o impreso normalizando para este fin, e entregándoo no Departamento de Cultura o xoves 29 e o venres 30 de xaneiro así coma o martes 3 de febreiro en horario de 10 a 14h.  Establécese un límite de participación a 18 comparsas e a 3 grupos, por orde de inscrición, coa salvidade de que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui. 
Os grupos deben ter un mínimo de 12 integrantes e un máximo de 20. Mentres as comparsas deben estar compostas por un mínimo de 25 persoas disfrazadas. 
O desfile-concurso celebrarase o martes, 17 de febreiro, ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzo, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 21 ás 17.30h. Amais o domingo 22 ás 19.30h sairá da Praza de San Fernando o Enterro do Bacallau no que deben participar os grupos e comparsas inscritos de rigoroso loito para poder facer efectivos os premios do concurso e as compensacións económicas.
Así segundo o establecido nas bases desta actividade as comparsas tudense percibirán pola súa participación 250€ e 500€ se van acompañas de carroza, cifras que no caso de comparsas de fóra do municipio será de 125€ e 250€. No caso dos grupo os de Tui recibirán 100€ e 200€ se levan carroza, e os doutros concellos 20€ e 100€ respectivamente. 
En canto aos premios establécense sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense tres premios de 250€, 150€ e 50€ e un en Fantasía dotado con 300€. 
As bases completas do desfile-concurso poden consultarse da web www.concellotui.org, no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e no departamento de Cultura. 

Sem comentários:

Enviar um comentário