En 2014 un total de 11.599 peregrinos elixiron a cidade de Tui para iniciar o Camiño Portugués de Santiago. Foron 2.767 máis que en 2013. Se se contabilizan os camiñantes que saíron da Eurocidade foron un total de 16.158 persoas, 2.871 máis que un ano antes.
O mes que maior número de peregrinos partiron de Tui foi agosto con 3.201 persoas, sendo tamén o mes en que máis camiñantes comezaron en Valença con 1.085 persoas co que en total da Eurocidade saíron 4.286 persoas.
Mentres febreiro de 2014 foi o mes en que menos peregrinos partiron cara Santiago, foron 69 no conxunto da Eurocidade, dos que 32 saíron de Tui e 37 de Valença.
Sem comentários:
Enviar um comentário