O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañou esta mañá ao secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, no encontro que mantivo cos responsables dos clubs Kaiak Tudense, Remo Tui e Remo do Miño. Tamén estiveron presentes o concelleiro José Ángel Villaverde e o delegado territorial de Deportes, Daniel Benavides.
O secretario xeral para o Deporte informou directamente aos clubs deportivos de remo e piragüismo tudense da política de subvencións que ten aberta a Xunta de Galicia e da que se poden beneficiar estas tres entidades deportivas. Sobre a mesa estivo tamén o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.
José Ramón Lete Lasa aproveitou amais o encontro mantido cos responsables do Kaiak Tudense, Remo Tui e Remo do Miño para felicitalos polos éxitos obtidos por estes club. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu ao secretario xeral para o Deporte que se tivera desprazado a Tui para explicar de primeira man estas agrupacións deportivas as particularidade das subvención da Xunta á que poden acceder. Ao tempo o rexedor lembrou o esforzo que realizan ao longo do ano os deportistas, os seus adestradores e directivos, salientando os excelentes resultados que colleitan en competicións tanto galegas coma nacionais e internacionais.
Sem comentários:
Enviar um comentário