quarta-feira, 7 de junho de 2017

A Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle ata o 10 de xuño obra de seis artistas de Tomiño, Gondomar e Cangas

Presentan cadros en pequeno e gran formato que van dende o costumismo, ao realismo, impresionismo ou pop art
Diferentes técnicas, estilos e temáticas mestúranse na mostra colectiva de seis artistas que ata o 10 de xuño se pode visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. O nexo común entre todos eles é a paixón pola pintura que da un plasma no seu propio estilo.
Así presentan estes días a súa obra en Tui os tomiñeses Basilio Calzado de San Salvador de Tebra, Emilio Cabeiras de Santa Mª de Tebra, Luís Oliveira e Libia Domínguez de Goián, o gondomareño afincado en Pinzás Iago Riera, e a canguesa Violeta Vilas.
O realismo pero tamén o abstracto está presente nos cadros de gran formato de Basilio Calzado, nos que empregou diferentes técnicas coma óleo ou pastel ao óleo. Baixo a denominación de art brut presenta os seus cadros en técnica mixta Emilio Cabeiras, o impresionismo domina a  obra de Luís Oliveira, e o realismo costumismo de Libia Domínguez. Complétase a mostra co art pop de Iago Riera e as litografías realistas e abstractas de Violeta Vilas.
A exposición permanecerá aberta ao o sábado 10 de xuño, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 15h e de 16 a 21h e os sábados de 9 a 15h. 

Sem comentários:

Enviar um comentário