quinta-feira, 8 de junho de 2017

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui celebran este xoves o seu concerto de fin de curso

Será ás 20h no Teatro Municipal de Tui a cargo dos alumnos de ambos centros
Este xoves, 8 de xuño, ás 20h o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola Municipal de Música celebran o seu concerto de Fin de Curso. A cita será ás 20h no Teatro Municipal de Tui. O alumnado dos dous centros interpretará obras de  Rossini, K. Biveinis, J. S. Bach, e F. Doppler, entre outros. As entradas poderanse retirar de xeito gratuíto dende ás 19.30h no despacho de billetes.
Tamén dende ás 19.30h  os país/nais/titores e alumnos poderán recoller as notas do curso 2016/2017 no vestíbulo do teatro.
No curso 2016/2017 o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola Municipal de Música tiveron un total de 302 alumnos.