sexta-feira, 2 de junho de 2017

Este sábado celébrase a Andaina dos balcóns do Aloia en Tui

Terá un percorrido de 8,5 quilómetros e forma parte do Calendario de Andainas Saudables da Eurocidade
Este sábado 3 de xuño, a partir das 10.30 horas, dende a Capela de San Xián, no Monte Aloia, terá lugar a saída dunha nova andaina do Circuito de Trilhos e Andainas Saudables da Eurocidade. Nesta ocasión terá como zona a percorrer os balcóns do Aloia.
O Club AndaTui Rego da Pedra controlará esta andaina, que percorrera unha distancia aproximada de 8,5 quilómetros, sendo a dificultade baixa.
Como nas edicións anteriores, os participantes deberán realizar a inscrición, a través do enderezo electrónico do club, www.andatui.es, cun prezo establecido de 5€, e 3€ para os menores de 12 anos.
Para aqueles que non coñezan o punto de inicio, terán que estar ás 10.00 horas no Centro Interfederado de remo e piragüismo de Tui.
Toda a información poden atopala no facebook do calendario de andainas, Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables.

Sem comentários:

Enviar um comentário