segunda-feira, 12 de junho de 2017

O Concello de Tui disporá de 15 mil metros de aparcamento na Avenida da Concordia en menos dun mes

En menos dun mes o Concello de Tui disporá de 15 mil metros cadros para estacionamento público gratuíto na Avenida da Concordia nas unidades de execución de Cam-fran. Hoxe, coa sinatura do convenio de cesión de uso gratuíto realizada na casa do concello entre o alcalde e os propietarios, concluíu un longo proceso de negacións mantidas ao longo do último ano e medio.
Nos próximos días o Concello procederá ao acondicionamento e sinalización destes terreos que se poderán empregar para aparcar de forma completamente gratuíta. Estes novos aparcamentos sumaranse ás zonas habilitadas noutros puntos do casco urbano, coma Coengo Valiño e Maristas, onde o Concello chegou a un acordo cos propietarios para a cesión de uso. 

Sem comentários:

Enviar um comentário