Esta fin de semana terán lugar os dous últimos percorridos das visitas culturais organizadas polo Concello de Tui e nas que dende o pasado mes de xuño teñen participado máis de 4 mil persoas.
O venres 15, ás 19.15h, dende a praza da Inmaculada sairá a visita a “Cidade Histórica”, que brindará de novo a posibilidade de achegarse á evolución da cidade ao longo de 800 anos dende o urbanismo medieval, que marca o aspecto actual da cidade.
Por último o sábado 16, tamén ás 19.15h dende a praza da Inmaculada, sairá o percorrido titulado “A arte e o Nadal en Tui”. O historiador tudense Suso Vila guiará aos asistentes pola presenza de elementos de Nadal na cidade, co máximo expoñente no tímpano do pórtico catedralicio, peor con outras mostras tanto no interior coma no exterior da Igrexa de San Domingos.
Programa previsto:
*Saída ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada
Venres 15 – Cidade histórica
Sábado 16 – A arte e o Nadal en Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário