O Concello de Tui ven de publicar as bases, o modelo de declaración esponsable, a conta xustificativa e a solicitude das bolsas para ensinanzas musicais no Conservatorio para este curso 2017-2018
O Concello de Tui dende fai anos ben realizando o programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias deste termo municipal con baixo nivel de ingresos, mediante a concesión de bolsas en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas municipais de ensinanzas musicais, para alumnos/as do Conservatorio grao medio e Escola de Música curso 2017-2018, vai destinado a persoas matriculaas no Conservatorio Grao Medio e Escola de Música deste termo municipal, pertencentes a unidades familiares, con ingresos brutos anuais ponderados segundo o descrito no apartado 5ª.- Determinación e ponderación de ingresos, e que no supere 3 veces o IPREM (22.558,77 €).
Os interesados deberán presentar:
a) Solicitude, en modelo oficial, no rexistro xeral deste Concello de Tui, o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día da publicación do extracto desta convocatoria no boletín oficial da provincia. (Anexo I)
b) Fotocopia do DNI, NIE, Pasaporte ou documento análogo, da persoa que actúa como solicitante e das persoas que convivan con el, maiores de 16 anos. (en vigor) No caso de NIE este terá que presentarse por tódalas persoas residentes no domicilio indistintamente da ideade dos mesmos.
c) No caso de menores fotocopia do libro de familia completo, agás dos fillos/as que non convivan no domicilio.
O texto íntegro das presentes bases está dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, así como na súa páxina web (www.concellotui.org) e no Taboleiro principal da Escola Municipal de Música polo prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Asemade os mestres de ensinanzas musicais do Concello encargaranse de darlle a publicidade necesaria para que tódolos alumnos/as teñan coñecemento da presente convocatoria.
Sem comentários:
Enviar um comentário