Actuará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença
Este venres, 22 de decembro, ás 21h celébrase o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui acompañada pola coral da Academia de Música da Fortaleza de Valença.
A Orquestra Sinfónica de Tui, que fixo a súa presentación oficial neste mesmo evento en 2016, está formada por 42 alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. No concerto participará tamén a Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença, integrada pro 32 persoas. Estarán dirixidos por Luís Caballero.
O concerto comezará coa orquesta de corda que interpretará
· Saint Paul’s Suite.....................................................Gustav Holst (I e IV movementos)
· Concerto para dúas guitarras en Sol maior Rv 532……….A. Vivaldi
o Guitarras Solistas: Gabriel Silvera Marcoff e Joao Pedro Marinheiro do Seixo
· 3 Fados (Locura, Primavera e Meu Fado)…………………….Popular Portugués
o Cantante Solista: Marlenne. Guitarra Portuguesa Solista: Gabriel Silvera Marcoff
A continuación a Orquestra Sinfónica interpretará:
· Danubio Azul……………………………………………………………………J. Strauss
E coma remate a Orquestra Sinfónica e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán conxuntamente:
· Adeste Fideles………………………………………......…..J. F. Wade
· Natal de Elvas……………...………...………………..…...Popular (Arr. Filipe Cunha)
· Suite de Navidad…….……………...………………….....Arr. Marcos Valcárcel Gregorio
· Marcha Radetzky………………………………….…...…..J. Strauss
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende as 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€
Sem comentários:
Enviar um comentário