Celebrarase do 11 ao 22 de decembro no Centro Municipal de Formación con carácter gratuíto
O Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de Prevención. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. As clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 8.30h a 14.30h. Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.
Os interesados poden inscribirse, enviando fotocopia do DNI polas dúas cara e teléfono de contacto no correo electrónico cfo@concellotui.org, por whatsapp no 670 24 56 33 ou presencialmente no Centro Municipal de Formación en Guillarei de luns a venres de 9 a 14h.
Sem comentários:
Enviar um comentário