Carlos Vázquez desconvoca a acampada que cada luns tiña prevista en Pontevedra
. En torno as 11.00h da mañá de hoxe o alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, facía entrega na Subdelegación de Goberno n Pontevedra do proxecto de retirada do proxecto d desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos.
Este proxecto encargado e costeado polo Concello deberá agora levalo a diante o goberno de España xa que o importe total da operación supera os 3 millóns e medio de euros.
O alcalde Carlos Vázquez Padín, mostrouse confiado en que efectivamente o goberno central asuma o custo desta retirada tal como adiantaran membros do goberno, anda que, para coñecer a resposta definitiva haberá que esperar unha ou dúas semanas.
O proxecto foi presentado a semana pasada e inclúe a deconstrucción das edificacións danadas, a consolidación da manposteria e sillerías antigas, o desentullo da zona e o transporte dos residuos as instalacións autorizadas, ademáis do arranxo de muros de peche. Se calcula que se van retirar un total 14 toneladas de material nun área de 25.000 metros cadrados. O prazo previsto para levalo adiante é de 3 meses. Queda agora por tanto en mans do goberno central a decisión de polo en marcha e costealo.
O feito de que o goberno central asumira unha gran parte das peticións dos veciños leva a Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, a abandonar a medida de presión que decidira tomar de acampar cada luns diante da Subdelegación de Goberno xa que considera que neste momento non é necesario, o mesmo tempo non desbota Vázquez Padín a posibilidade de utilizar esta medida de presión, a acampada, ou outras, en caso de que a Deputación de Pontevedra non asuma os compromisos que o seu entender debe asumir e os que publicamente se comprometeron. Considera que as catro institucións implicados na reconstrución, goberno central, Xunta de Galicia, deputación de Pontevedra e Concello de Tui deben asumir cada un as responsabilidades que lle corresponden.
Sem comentários:
Enviar um comentário