Con esta medida se pretende rebaixar o impacto da revisión e aumento do valor catastral fixados polo estado. O Concello xa aprobara no seu momento a supresión do imposto da plusvalía
O Grupo de goberno do Concello de Tui , vai promover unha nova rebaixa de impostos de competencia municipal , en concreto se trata do IBI ( Imposto de Bens Inmobles) e do IAE (Imposto de Actividades Económicas). Para o que proporá unha modificación das ordenanzas fiscais que os regulan
No caso do IBI o goberno propón a redución da taxa do IBI Rústico do 0,31 actual ata o 0,30, situándoo deste xeito no mínimo que permite a lei de facendas locais. En canto o IBI urbano a proposta do equipo de goberno é rebaixalo do 0,52 ao 0,49 o que significa unha baixada do 5,76%
Esta medida ten coma obxectivo diminuír o impacto na economía dos veciños da regularización catastral e a conseguinte suba do valor catastral fixados polo estado.
Tamén se pretende modificara Baixa o IAE , neste caso baixando a taxa de localización do 0´8 ao 0´7 para empresas situadas en polígonos e ata o 0´6 para o resto das empresas. Esta medida permitirá as empresas situadas no termo municipal un aforro nos cartos destinados a impostos, podendo destinalos a outros fins empresariais
A estas dúas baixadas impositivas hai que sumar a supresión do imposto da plusvalía outra medida tomada polo goberno local no remate do 2017, por entender , tal como declarara no seu día Carlos Vázquez Padín, que se trata dun imposto “inxusto xa que actúa coma un segundo imposto de sucesións e doazóns” apuntando que se cobraba incluso naqueles casos onde hai unha desvalorización da propiedade.
O goberno a través do seu alcalde Carlos Vázquez Padín reafirma deste xeito a súa intención de facer de Tui un municipio que se caracterice por evitar a represión fiscal e por rebaixar o máximo posible os impostos de carácter municipal
Sem comentários:
Enviar um comentário