Tui súmase por décimo ano consecutivo ás Xornadas Europeas da Cultura Xudea que este se celebran baixo o lema de “Storytelling”, centrándose nas historias e contos da cultura hebrea. Se van celebrar até o domingo 9 pondo en valor o importante patrimonio xudeu que hai na cidade.
O martes 4, mércores 5 e xoves 6, tendo en conta o lema de “Storytelling” co que se celebran este ano os Días Europeos da Cultura Xudea, a actividade centrarase nas redes sociais municipais para dar a coñecer as historias de Francisco Sánchez, o filósofo de Tui; a presiió de Antonio Saravia; e as viaxes de Baltasar de Araujo.
O venres 7 ás 20h está prevista unha visita á xudería medieval. O sábado, 8 de setembro, ás 21h na igrexa de San Domingo haberá un concerto de música sefardí a cargo Ana Alcaide.
Por último o domingo, 9 de setembro, ás 13h realizarase unha visita aos Sambenitos, pezas únicas en Europa que se conservan en Tui, baixo o título de “Os nomes da historia”.
Sem comentários:
Enviar um comentário