terça-feira, 25 de setembro de 2018

Xoán Curiel con “A casa do terror”

Data:  27/09/2018
Lugar: Teatro Municipal de Tui
O xoves, 27 de setembro, ás 19.00 h no Teatro Municipal acolle a Xoán Curiel con “A casa do terror" dentro do programa Falaredes de Dinamización Lingüística. É un espectáculo de teatro, música, clown, e danza dirixido a nenos de 7 a 12 anos.
Cancións, danzas, teatro, clown e a participación do público para contar a historia dun grupo de amigos que se ve na obriga de durmir nun edificio en cantado. Todo da man de Xoán Curiel acompañado pola banda Son+d2 e bailarina Marta Alonso. 
Retirada dun máximo de 2 entradas de balde por persoa dende media hora antes do comezo do espectáculo.

Sem comentários:

Enviar um comentário