Realizouse un investimento de 46.000€ dos que 38.000€ foron financiados polo AGADER ao abeiro do Plan de mellora dos camiños rurais
O Concello de Tui vén de rematar as obras de mellora da pavimentación do camiño de acceso ao monte das Penizas en Paramos cun investimento total de 46.058€ dos que 38.065€ foron con cargo ao plan de mellora de camiños de titularidade municipal 2017/2018 dependente da Consellería de Medio Rural e os 8.000€ restantes aportados polo Concello de Tui.
As obras consistiron no asfaltado dunha pista de terra, cunha superficie de 2.163 m2, que se dotou tamén de canalización de augas pluviais e do pintado da sinalización horizontal.
A pavimentación desta pista serve para dotar o Monte das Penizas de un segundo acceso en perfectas condicións para o seu uso, que facilitará os veciños a chegada a este emblemático monte de Paramos
Sem comentários:
Enviar um comentário