O alcalde preguntou ao presidente polas obras que se están realizando ou están próximas a súa realización en Tui ao tempo que solicitou novas actuacións
Na mañá do mércores o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín reuníase en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar diversos asuntos relacionados cos investimentos e obras no Concello de Tui ademais de repasar diversos temas de importancia para Tui, entre eles, a situación dos veciños afectados pola explosión de Paramos. Trataron nun primeiro momento das obras que xa se están licitadas no Concello de Tui como a rotonda de Guillarei, obra que debería comezar no primeiro trimestre de 2019 , tamén falaron da rotonda de Areas na P0 552 unha obra que está previsto de licitarse no primeiro trimestre de 2019. Tamén nos primeiros seis meses do ano 2019 debería licitarse o aceso da autovía ao polígono de Areas, obra de gran importancia para as empresas situadas nese polígono comercial e no que xa comezou o proceso de expropiación, e que está contemplada nos orzamentos da Xunta para 2019. Tamén repasaron o estado das obras dos novos xulgados, obras que xa se están realizando no edificio do antigo centro de saúde.
O alcalde de Tui aproveitou a visita para realizar unha serie de peticións ao presidente da Xunta, entre elas, unha actuación de seguridade vial na PO 404 a altura da escola unitaria do colexio O Pelouro e a estación de ADIF, na parroquia de Caldelas para a que xa existe un proxecto e que serviría para reforzar a seguridade na entrada e saída dos colexios.
Aproveitaba tamén Carlos Vázquez Padín para falar do futuro do centro interfederado de Remo e Piragüismo co fin darlle contido a esta instalación deportiva, unhas instalacións recoñecidas polo Consello Superior de Deportes como centro especializado en tecnificación deportiva de remo e piragüismo. A idea é xerar un fluxo turístico ó redor da utilización destas instalacións xa que traerían até a Tui a deportistas de elite destes dous deportes.
Na conversa, como non podía ser doutro xeito, falouse tamén de Paramos e da situación dos afectados, así o alcalde mostrouse satisfeito en liñas xerais coa actuación da Xunta de Galicia e das distintas consellerías implicadas en relación ao asunto da atención psicolóxica dos afectados, o Presidente informou ao alcalde de que despois da avaliación realizada polo xefe de psiquiatría do Álvaro Cunqueiro son arredor de 25 as persoas que non foron aínda dadas de alta e que con carácter excepcional se algunha persoa ten dificultades para desprazarse a Vigo poderá ser atendida en Tui, previa petición os servizos sociais do concello. O Alcalde tamén lle transmitiu ao presidente a prioridade na axenda de Paramos que ten a concreción por parte do goberno central da forma que se vai realizar o desentullo tendo en conta que o concello xa realizou un proxecto e que polo tanto unha boa parte do traballo está avanzado pero polo momento sen concretar. Tamén o concello está pendente de como quedará finalmente o asunto das exencións, nomeadamente as do IRPF, un tema que preocupa moito os afectados e que tamén está pendente de concretar pola administración central.
Sem comentários:
Enviar um comentário