quarta-feira, 16 de dezembro de 2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE RECICLAXE DE MÓBILES

Súmase á campaña Mobilízate pola selva, que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.
Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) no punto de recollida habilitado situado na Biblioteca Pública Municipal (Edificio Área Panorámica) Colón, 2. Este punto de recollida estará operativo dende o 16 de decembro ata o vindeiro 15 de xaneiro. O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, a tarxeta SIM ou calquera outro elemento.

Sem comentários:

Enviar um comentário