Será ás 20h no Teatro Municipal con entrada gratuíta
O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 20h un concerto da cantante María do Ceo no que ofrecerá un repertorio integrado por fados e panxoliñas. Este evento ten carácter gratuíto pero débense retirar as entradas, sen numerar, a partir das 18.30h no despacho de billetes, cun máximo de dúas por persoa. O Concerto está organizado pola Deputación de Pontevedra e a Concellería de Cultura de Tui.
María do Ceo
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Sábado 19 de decembro, ás 20h
Entradas gratuítas. Retirada de localidades – sen numerar- dende ás 18.30h, cun máximo de dúas por persoa
Sem comentários:
Enviar um comentário