quarta-feira, 2 de dezembro de 2009

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE O CURSO “EDICIÓN DIXITAL DE AUDIO”

O curso, de catro horas de duración, é de carácter gratuito,  abarca a iniciación á edición dixital e para asistir os interesados só deben cubrir unha inscripción
O Telecentro de Tui acolle o vindeiro mércores día 16 de decembro o curso titulado “Edición dixital de audio”. O curso, de catro horas de duración, é de carácter gratuito e ten por obxectivo que os interesados poidan iniciarse na edición dixital de audio co ordenador. Os participantes coñecerán os diferentes formatos de audio dixital, aprendendo a editalos e manexalos, xestión de pistas de audio, sons, efectos e misturas.

Sem comentários:

Enviar um comentário