Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tres maxestuosas carrozas
A saída dos Magos de Oriente será ás 18h dende a Alfándega de Valença
A Cabalgata de Reis de Tui terá este ano carácter internacional xa que por vez primeira a súa saída será dende a antiga Anfándega de Valença do Minho. Co gallo do Xacobeo 2010 dende a Concellería de Cultura quérese por de relevo o papel da cidade coma porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, por este motivo decidiu que a Cabalgata atravese a vella Ponte Internacional, do mesmo xeito que adoitan facer os peregrinos camiño de Santiago.
Cabalgata de Reis en Tui
Data: Martes 5 de xaneiro de 2010 ás 18.00 h
Percorrido:Dende a antiga Alfándega de Valença ata o Paseo da Corredoira en Tui
Organiza: Concellería de Cultura
Sem comentários:
Enviar um comentário