Tui loce xa o alumeado de Nadal que foi acendido o pasado martes, 8 de decembro, e que iluminará a cidade nestas datas até o 6 de xaneiro. Un ano máis o alumeado é espectacular e chama a atención tanto dos tudense coma dos visitantes da cidade.
O concello investiu neste alumeado 48.546 euros considerando que o mesmo repercute favorablemente no comercio local coma explicaba o Concelleiro de Cultura e Facenda, Moisés Rodríguez.
En total instaláronse 132 arcos ou motivos en case unha trintena de rúas da cidade. Nos mesmo empréganse lámpadas led que consumen un 80% que a bombilla tradicional, co que se baixa significativamente o consumo eléctrico. Compre salientar que este ano incrementáronse o número de rúas iluminadas cara a zona nova da cidade. Estrelas e anxos dominan nos motivos colocados, que se complementan coa iluminación das árbores do Paseo da Corredoira con pequenas bombillas e con outras que semellan estrelas fugaces. Un ano máis chama a atención o Palco da Música, ou o abeto situado na intersección entre o Paseo da Corredoira e a Avenida da Concordia con máis de 200 estrelas de microlámpadas.
A iluminación navideña vén acompañada amais de ambientación musical nas rúas, o que contribúe a ambientar estas datas.
Moisés Rodríguez destaca que “o alumeado sorprendeunos a todo” eloxiando a súa vistosidade. Fixo fincapé que pese a situación de crise consideran que o alumeado de Nadal é un investimento que repercute positivamente no comercio local e no ambiente da cidade afirmando que “eu creo que é necesario”.
Sem comentários:
Enviar um comentário