segunda-feira, 28 de dezembro de 2009

Tui despide o ano con música


Será o mércores ás 21h no Teatro Municipal. A Coral da S.I. Catedral de Tui e a Banda de Música Popular de Tui protagonizan o concerto de fin de ano
Tui pecha a súa programación cultural de 2009 con música. Será este mércores, 30 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui. A Concellería de Cultura volve confiar a despedida do ano a dúas agrupacións locais coma son a Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música Popular de Tui.
CONCERTO DE FIN DE ANO
Coral da S.I. Catedral e Banda de Música Popular de Tui
Data e hora: Mércores, 30 de decembro ás  21.00 h
Lugar: Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica
Entrada: 2€
Venda de localidades: Na web www.culturatui.info até o mércores ás 17.30h, ou mércores dende ás 19.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.

Sem comentários:

Enviar um comentário