domingo, 2 de setembro de 2018

Recepción do Concello de Tui a Carlota González e o Club Remo RRK Regensburg de Alemania

O club adestrará en Tui dende o 2 ata o 9 de setembro
O próximo luns, 3 de setembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial á remeira do Club Remo do Miño, Carlota González, pola súa participación na competición internacional da Copa da Xuventude, na que acadou dúas medallas, unha de prata e unha de bronce. Así mesmo, a recepción será tamén ao club alemán RRK Regensburg que, polo irmandade co Club Remo do Miño, estará concentrado no Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui, adestrando no río Miño, dende o 2 ata o 9 de setembro.
Na recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes de Tui, Eduardo Freiría, acompañados do resto do equipo de goberno, o presidente do Club Remo do Miño, José Luis Méndez, así como Carlota González e os integrantes do Club RRK Regensburg.

Sem comentários:

Enviar um comentário