sexta-feira, 22 de fevereiro de 2019

Máis de 350 judokas daranse cita este sábado en Tui na primeira xornada da Fase Sur de Judo

O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado. 23 de febreiro, a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.
Na presentación, que tivo lugar está mañá na Casa do concello, estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o coordinador de deporte escolar da Xunta de Galicia, Guillermo Renaldo, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, o profesor de Judo en Tui, Francisco Covelo, e o presidente do Judo Club Tudense, David Morais.
O campionato ten un obxectivo pedagóxico xa que pretende que os  máis pequenos se inicien neste deporte a través dunha competición baseada na estimulación e esforzo, promovendo valores de respecto e garantindo a seguridade na práctica do judo. Pretenden tamén fomentar a participación de todos os judokas galegos destas idades que practiquen regularmente este deporte.
A xornada comezará as 11.00h no Pavillón Municipal de Deportes de Tui e se prolongará durante a mañá.
Participarán un total de 369 judokas, 119 na categoría feminina e 250 da masculina, provenientes de 41 clubs e centros  escolares da provincia de Pontevedra, 11 de Santiago de Compostela e un de Ourense, todos eles de categoría alevín e infantil, divididos por idades e pesos. O sistema de puntuación será o mesmo para todas as categorías,  3  puntos por combate gañado e 1 por non gañado. Vencerá en cada liga o judoka que máis puntos obteña pero todos os participantes recibirán un premio por participar.

Sem comentários:

Enviar um comentário