quarta-feira, 20 de fevereiro de 2019

Unha enquisa busca coñecer a percepción da poboación sobre o Turismo na cidade

Forma parte da fase de análise de redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui
Co obxectivo de contar co parecer da poboación e do sector sobre a situación do turismo na cidade o equipo redactor do Plan Director e Estratéxico de Turismo vén de iniciar unha enquisa na que se pode participar on-line, de xeito anónimo, a través da plataforma SurveyMonkey.
Nesta enquisa preguntase á poboación, tanto cidadanía como empresas, sobre a súa percepción do turismo na cidade. Esta acción enmárcase na fase de análise do turismo na cidade no proceso de elaboración do Plan Director.
A enquisa busca precisamente coñecer a percepción e visión do turismo actualmente en Tui, plantexando preguntas sobre cales son os recursos con maior atractivo, a visión sobre determinadas poblemáticas que poidan existir, ou no caso das empresas a demanda de servizos, procedencia dos clientes, estadía media, … entre outras cuestións.
ESTE VENRES CELÉBRASE A PRIMEIRA MESA DE TRABALLO MULTISECTORIAL
Continuando co traballo previo de análise este venres, 22 de febreiro, ás 17h na Área Panorámica celebrarase a primeira mesa de traballo multisectorial coa presenza de autoridades locais relacionados co turismo, o patrimonio, o comercio, de representantes de empresas turísticas, tanto aloxamentos coma restaurantes, de sectores complementarios e de asociacións vinculadas co turismo.  Nesa mesa traballarase ao longo da tarde con axentes relacionados co turismo para obter unha visión máis concreta sobre determinados aspectos de Tui como destino turístico como a conectividade, mobilidade, insfraestrutura turística…
Lembramos que a redacción do Plan Director e Estatéxico de Turismo comezou a finais de xaneiro. Tras a análise da situación actual e a redacción dun informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

Sem comentários:

Enviar um comentário