O Comité de Admisións visita hoxe a cidade para coñecer o patrimonio serfardí de primeira man
O Comité de Admisións de Red de Juderías de España visita hoxe Tui dentro do proceso avaliador da cidade para formar parte desta rede, unha vez é xa finalista no proceso de admisión que está aberto. Están en Tui a presidenta e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle, a xerente, Marta Puig, xunto a representantes dos concellos de Monforte, e Ávila.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e o edil de Seguridade, Antonio Castro, recibiron hoxe aos membros do comité na casa do concello e os acompañaron na visita pola cidade para coñecer de primeira man o patrimonio tudense vinculado á presenza xudía na cidade. Estiveron acompañados polo historiador tudense, Suso Vila. A primeira parada da súa visita, tras a casa do concello, estivo no Museo Diocesano, onde puideron admirar os Sambenitos, pezas únicas en España, que se gardan neste museo. A continuación na Catedral achegáronse ata o Museo Catedralicio que atesoura varias pezas de pratería xudía, e no Claustro puideron ver a menorá gravada nunha das pedras. Un percorrido que continuará realizando unha ruta polo conxunto histórico e rematará na rúa Ordóñez, onde se atopaba a sinagoga.
Sem comentários:
Enviar um comentário