Carlota González consegue a medalla de prata en skiff xuvenil feminino e Rodrigo Conde a de bronce na máxima categoría
Luces e sombras no campionato de España de Fondo para os remeiros do Club remo do Miño de Tui celebrado esta fin de semana no encoro de Castrelo do Miño (Ourense).
Unha xornada a do sábado con record de participación do Club Remo do Miño, sendo o club que máis tripulacións inscribiu de toda España aproveitando que se disputaba en terras galegas.
A luz foi para a medalla de Prata conseguida pola nova remeira, Carlota González, nunha extraordinaria regata na que soubo pelexar e demostrar que é unha clara candidata a todo este ano. Demostrando con iso a súa tenacidade e loita, que é o que define a unha campioa.
As sombras foron para os nosos buques insignias Rodrigo Conde, Jesús González e David Prada. O primeiro, Rodrigo, realizo o mellor crono do Campionato de España, e Jesús o segundo. Pero o tomar unha bolla polo sitio indebido, foron penalizados con vinte segundos cada un, os que lles custaría a medalla de ouro e a de prata. Rodrigo pasaría á terceira posición e Suso á quinta. A medalla de ouro foi para Gonzalo Pérez, magnífico remeiro de Remeiros do EO, que hai dous anos milito nas filas do CRM.
Prada, terminó con moita dificultade a proba, xa que leva arrastrando unha lesión de costas desde o día dez de decembro. Jesús e Rodrigo quedarán concentrados en Rivadavia durante quince días coa selección española, David fará a súa recuperación en Tui, e volverá para Sevilla unha vez os seus compañeiros terminen a concentración.
Outros resultados dos nosos remeiros foron:
Skiff XUVENIL MASCULINO: Adrian Rivas e Johannes Preis, quedarían de 28 e 29 simultaneamente.
Skiff XUVENIL FEMININO: Raquel Hornero de 24.
Dous –Sen XUVENIL FEMININO: Adriana Días e María Maidana de sextas pero coa certeza de gañar algún posto máis se non fosen abordadas por outra tripulación.
Dobre Scull CADETE MASCULINO: Johannes Preiss e Juan González de 11, e Adrian González e David lago de 22.
Skiff CADETE MASCULINO: Bruno Misa de 7.
Dobre Scull CADETE FEMININO: Marta González e Valentina Villar.
Skiff CADETE FEMININO: patricia Rego de 16
Dous –Sen SENIOR MASCULINO: Sergio Perez Mixto con Ramón Gómez 7, Pablo Rodríguez e Santiago Rodriguez de 15, Enrique Pena e Camilo Abal de 19.
Skiff ABSOLUTO MASCULINO: Francisco Javier Álvarez de 23, David Prada de 32, Alfonso Riveiro de 47, David Vázquez de 58, Manuel Villaverde de 67, Fernando Diz de 72.
Skiff ABSOLUTO FEMININO: María González de 9, Esmeralda Santos de 10. Mercedes Costas de 15.
in Revista Cousas
Sem comentários:
Enviar um comentário