Este pasado fin de semana tivo lugar en Orthez, a I Copa De España de slalom olímpico. Na xornada do sábado tiveron lugar as mangas clasificatorias nas que confirmaron o seu pase a semifinais os seguintes palistas do Penedo Teimmporta: Marcos Fortes, Fran Otero, Iago Varela, Borja González, Brais Caride, Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez.
Nun trazado máis esixente produciuse o domingo a loita polo acceso as finais onde Ainhoa, Dani, Borja, Iago, Brais e Fran certificaron o seu pase.
Xa nas finais, un gran papel desempeñado pñolos nosos permitiron traer para casa os seguintes metais:
Ainhoa Lameiro foi ouro en C1 MULLER SENIOR
Daniel Pérez tamén conseguiu alzarse coa victoria na categoría C1 HOME JUNIOR
Borja González foi prata firmando un fermoso dobrete do Penedo na categoría C1 HOME JUNIOR
Brais Caride foi así mesmo vencedor na categoría C1 HOME CADETE
Destacada actuación de Iago Varela en k1 home junior sendo quinto, Borja González cunha tamén destacable sétima praza e Fran Otero co décimo posto nesta apretada categoría de K1 HOME JUNIOR
O gran papel e o esforzo feito por todos os palistas permitíronlle ao PENEDO TEIMPORTA ser cuartos clasificados por clubs!!
Noraboa a todos e vémonos na seguinte proba!!
Sem comentários:
Enviar um comentário