Chega da man do Xacobeo e da editorial Galaxia Veñen de centros educativos de Tui, O Porriño, Mos, As Neves, Mondariz e Gondomar
Introducir aos nenos no Camiño de Santiago é o obxectivo de “O fillo do trono” unha iniciativa que este mércores pola mañá chega ao Teatro Municipal de Tui. Faino da man do Xacobeo e da editorial Galaxia coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui. Está configurada por tres elementos: un libro, unha curtametraxe e unha obra de teatro. Esta última é a que se representará en Tui.
“Cara o campo das estrelas” é o título desta obra que será levada a escena por Sarabela Teatro. Narra a historia de Paio e Berenguela, membros da denominada Orde Superior de Operarios do Camiño Lácteo Estelar Xacobino, Oscoclex. Xuntos se introducen nun bosque camiño de Compostela, onde se lles aparece a raíña Lupa que os obriga a superar unha serie de probas se queren continuar. Sucédense unha serie de situacións disparatas, batallas e aventuras, nun espectáculo no que faltan as risas.
Haberá dúas representacións, a primeira ás 10.30h e a segunda ás 12h, ás que asistirán máis de 700 alumnos de 4º de Primaria de centros educativos de Tui, O Porriño, Mos, Mondariz, As Neves e Gondomar.
Nesta ocasión o Teatro Municipal de Tui convértese no punto de encontro destes alumnos de 4º de primaria de diversos municipios que disfrutarán desta obra na cidade grazas ás excelentes instalacións con que conta o concello na Área Panorámica.
O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, congratúlase de que Galaxia teña elixido Tui para esta representación, porque os nenos e nenas disporán dun espazo axeitado para disfrutar da mesma, e ao tempo esta cita brindaralles aos cativos a oportunidade de coñecer este espazo teatral, no que ao longo do ano se programan diversos espectáculos tanto para público infantil coma para público adulto.
Sem comentários:
Enviar um comentário