domingo, 28 de maio de 2017

O II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín celebrarase en Tui do 3 ao 14 de xullo

Os clubes deportivos tudenses de fútbol sala, A Quinta de Tui Fútbol Sala, Club Deportivo Tui Fútbol Sala e Club Randufe Futsal, baixo a coordinación do ex-xogador da selección española de fútbol sala, Antonio “Toñín” Martín, e coa colaboración do Concello de Tui, organizarán no mes de xullo, o II Campus de Fútbol Sala Toñín Martín. No mesmo agárdase duplicar a participación do ano pasado, cun máximo de 60 inscritos.
O Campus, que se realizará no pavillón do IES de San Paio, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas, contará con adestramentos da man de monitores especializados, así como doutras actividades parelelas, como rafting, visitas turísticas, actividades na piscina municipal, adestramentos con xogadores da primeira división nacional, así como unha xornada de convivencia cos pais e nais.
Terá un prezo de 60€ e as inscricións poden facerse a través do enderezo electrónico campusfstui@gmail.com, podendo solicitar máis información a través do teléfono 690 05 85 79.

Sem comentários:

Enviar um comentário