sábado, 20 de maio de 2017

Tui acolle, por quinto ano consecutivo, a clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra

Será este domingo no pavillón novo de Tui coa participación de 1.200 patinadoras e patinadores
Este domingo, 21 de maio, a partir das 11.45 horas, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá o acto de clausura das Escolas Deportivas de Patinaxe da Deputación de Pontevedra, organizado pola propia Deputación  e a Federación Galega de Patinaxe, en colaboración co Concello de Tui e o Club de Patinaxe Ribex de Tui.
Os 1.250 patinadores e patinadoras das escolas participantes chegarán ata Tui 29 autobuses, dende as localidades de Vigo, Gondomar, Valga, Cambados, Poio, Catoira, Ribadumia, Goian-Tebra-Barrantes-Tomiño, Arbo, Belesar-Baiona, Campo Lameiro, As Neves, Vila de Cruces, Moraña, Forcarei, Soutelo de Montes, Vilagarcia, A Guarda, Pontevedra, Soutomaior, Vincios, Crecente e O Rosal, e realizarán diferentes exhibicións dos coñecementos adquiridos ao longo da tempada.
Tras as actuacións de todos os grupos participantes, o acto rematará ás 18.30 horas co desfile final das escolas de Pontevedra e a entrega dos diplomas aos patinadores e patinadoras, así como aos seus monitores e monitoras.

Sem comentários:

Enviar um comentário