sexta-feira, 19 de maio de 2017

Reynier Aldana en Tui

Nado en La Habana, Cuba en 1982 e criado no barrio de Nuevo Vedado, inicíase no camiño da música cubana como percusionista aos 14 anos e máis adiante esperta o seu su interese pola guitarra grazas ao seu irmán maior. Aos 17 anos empezou tocar o baixo nunha banda formada por un grupo de amigos. En 2003 funda a banda MATE como baixista, presentándose en diferentes locais e festivais ao longo de toda Cuba. Pouco a pouco e canción tras canción, empeza a defender a súa proposta cantando e acompañado dunha guitarra.
Na súa música atópanse ritmos africanos, pop rock, funk, boleros e, ás veces, con sonoridades electrónicas, todo isto aderezado con conceptos da música cubana.
Pouco despois pisa terras galegas buscando novas linguaxes dentro da música e chega a crear a súa banda por estas terras. Colaborou en diversos proxectos xunto a Alejandro Vargas e músicos da escena galega como L.A.R. Legido, Chus Pasos, Max Gómez e Gustavo Almeida.
Actualmente acaba de publicar o seu primeiro traballo discográfico, "Huella" (2016), producido xunto ao guitarrista brasileiro Leonardo Rodrigues.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Venres 19 de maio, dende as 22:00 horas