domingo, 21 de maio de 2017

James & Black en Tui

Bruce James é natural de Houston, Texas e non cabe dúbida de que é un soul man. Non hai máis que escoitarlle e apreciar a súa música. Atoparás o son do Sur, da igrexa, de jukejoints e da ruta musical que vai desde Memphis a Detroit. O soul está na súa voz, no seu inimitable son de teclado, nas súas composicións e nos temas do repertorio histórico do R&B, jazz e pop que fai seus. Ca súa anterior banda “Tunji & the Bruce James Soultet” compartiu escenario con figuras da talla de Jimmy Smith, Bernie Worrell, Burning Spear, Black Eyed Peas, Dr. John, The Last Poets, Hugh Masakela, Soulive, Guru, Leon Russel, Clay Hammond, Fred Wesley.
Bela Black é unha cantante cunha poderosa e profunda voz de contra-alto e unha ecléctica mestura de estilos incluíndo R&B, soul, jazz e rock. Black é nada e criada na pequena comunidade de Indian Hill, Texas onde comezou como cantante na igrexa baptista local. Pero Bela Black é máis unha poeta que unha cantante, é unha forza da natureza que rebosante do don que Divos deulle, cautiva a todos aqueles que teñen a sorte de vela en escena. O seu innegable sorriso e paixón pola música crea unha inmediata conexión ca súa audiencia. Bela formou parte do “Bruce James Soultet” e agora de James & Black.
En febreiro de 2012 publicou o álbum en solitario “Bela Black”.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Domingo 21 de maio, dende as 21:00 horas

Sem comentários:

Enviar um comentário