quinta-feira, 1 de junho de 2017

Este xoves, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán do Concello de Tui

Ofértanse dúas quendas do 10 a 24 de xullo, e do 26 de xullo ao 9 de agosto. A inscrición farase na secretaría do Concello de Tui até o día 9 de xuño
 Este xoves, 1 de xuño, abrirá o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2017 que organiza o Concello de Tui. Ofértanse dúas quendas, a primeira do 10 ao 24 de xullo e a segunda, do 26 de xullo ata o 9 de agosto. Os interesados poderán entregar as solicitudes, xunto á documentación necesaria, ata o día 9 de xuño, na secretaría do Concello de Tui.
Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido por quenda 30,56€.
Consultar: Condicións xerais do campamento – Solicitude de inscrición