A información catastral de bens, tanto de natureza rústica como urbana, localizados no termo municipal de Tui será facilitada nas oficinas do Concello de Tui aos titulares dos mesmos os luns e xoves de 10 a 13h.
Dende o Concello informase que existen diferentes Puntos de Información Catastral (PIC), que son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en diferentes organización públicas e institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.
Os Puntos de Información Catastral prestan os seguintes servizos:
A calquera cidadán:
Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos
Aos titulares catastrais ou ós seus representantes debidamente autorizados:
Certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral.
Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón social, NIF, enderezo e valor catastral) e non protexidos relativos ós inmobles da súa titularidade.
Os Puntos de Información Catastral máis cercanos son, entre outros,:
ORAL de Tui
Concello de Tomiño
Concello de Salceda de Caselas
Concello de Salvaterra
Concello de Mos
Concello do Rosal
Concello de Gondomar.
Concello de Baiona
Concello da Guarda
Sem comentários:
Enviar um comentário