A demolición dos inmobles existentes centra os primeiros traballos.
Esta semana comezaron as obras para a apertura da rúa Ourense, un proxecto longamente demandado pola cidadanía ao longo das últimas décadas que poderá ser unha realidade no primeiro trimestre de 2019.
As obras foron adxudicadas polo Concello de Tui á empresa Narom S.L. por importe 220.582,77€, e teñen un prazo de execución de 3 meses.
Os primeiros traballos que se están a executar consisten no baleirado dos inmobles, e a retirada do amianto, un labor este último para o que foi precisa a autorización por parte do ISSGA. Esta mesma tarde pechouse ao tráfico o calexón existente entre a rúa Ourense e a rúa Colón, permitíndose polo momento o tránsito peonil.
De forma previa ao inicio das obras no pleno de abril aprobouse a consignación orzamentaria para a execución destas obras. E en xaneiro o Concello aboou o importe das indemnizacións, un total de 638.875,27€, aos tres propietarios dos inmobles e dous arrendatarios de locais comerciais afectados pola apertura da rúa, e se fixeron efectivas as actas de ocupación dos terreos.
Unha vez finalizadas as obras o tránsito entre a rúa Ourense, Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín regularase mediante dunha glorieta que dará fluidez ao tráfico nestes viarios.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicaba que “por fin, comezaron unhas obras longamente demandadas”. Nese senso apuntada que a execución deste proxecto é “moi importante para reconfiguración urbana de Tui”.
Sem comentários:
Enviar um comentário