Onte tivo lugar na notaría de Tui a sinatura da escritura de compra-venda entre a Fundación Teatro Principal e o Concello
O Concello de Tui é xa o propietario do Teatro Principal de Tui, logo de que onte na notaría de Tui tivera lugar a sinatura da escritura de compra-venda, por importe de 30 mil euros, entre a Fundación Teatro Principal e o Concello de Tui.
Unha vez que o Teatro Principal de Tui é xa propiedade municipal comezarase a traballar de cara a súa rehabilitación, segundo explicaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín. Nese senso un dos primeiros pasos será actualizar o proxecto de rehabilitación redactado nos anos 80 polo arquitecto César Portela. Precisamente hai meses o rexedor tivera xa un contacto con este arquitecto que retomará agora unha vez o inmoble é xa municipal. Unha vez cuantificado o importe preciso para que o Teatro Principal recupere o seu esplendor.
En canto ao financiamento entre as vías que se barallan está o 1,5% Cultural. Lembraba Vázquez Padín que é o único teatro de España que non se rehabilitou dos que estaban incluídos no Plan Director de Infraestruturas Culturais de Rehabilitación nos anos 80’.
En canto ao uso desta infraestrutura cultural explicaba o alcalde que se baralla que poidan funcionar coma un auditorio que complemente outras instalacións que hai xa cidade e dea resposta á demanda deste tipo de espazos cultural.
Sem comentários:
Enviar um comentário