Os acto culminarán o domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto
O Concello de Tui vai conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de actividades que culminarán ese domingo coa lectura dun manifesto.
O Servizo de Prevención do departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui está a realizar ao longo deste mes unha serie de obradoiros no que participan 230 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, no IES Indalecio Pérez Tizón e no Colexio Maristas Santa María. O obxectivo é abordar a prevención da violencia de xénero dende a adolescencia, sentando así as bases para erradicar esta lacra social.
Amais o venres 23, sábado 24 e domingo 25 o edificio da Área Panorámica vaise iluminar de lila simbolizando así a loita contra a violencia contra a muller.
Tamén durante a semana do 19 ao 25 de novembro levarase a cabo dende o Concello de Tui o reparto de información, carteis, trípticos da campaña “Fronte a violencia de xénero só cabe unha reposta, sen ningún xénero de dúbida. Non” promovida pola Xunta de Galicia.
Dende onte mesmo na fachada da casa do concello está colgada unha pancartas cun gran lazo lila e o texto “25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”.
As actividades culminarán o propio domingo 25 de novembro ás 12h na praza do Concello coa lectura dun manifesto por parte do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.
Sem comentários:
Enviar um comentário