Cumprindo o que é xa unha tradición a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrecerá o próximo luns, 12 de abril, Día de San Telmo, un concerto na cidade de Tui. Este evento musical celebrarase no Teatro Municipal ás 18.30h, coPublicar mensagemn entrada libre.
Dende hai anos a Banda de Música acode a Tui o luns de San Telmo para participar na solemne procesión do Santo, ofrecendo previamente un concerto que conta con gran afluencia de público.
Na actualidade a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín está integrada por 44 compoñentes, que son profesores de música con distinta graduación xa que está formada por suboficiais, cabos primeiros, permanentes e militares profesionais, todos eles instrumentistas de madeira, metal e percusión. Ao fronte da banda sitúase coma director Francisco García Hurtado.
Esta agrupación foi creada en 1940 cando este centro castrense estaba aínda situado en San Fernando, en Cadiz. Tres anos despois foi trasladada a Marín onde dende entón realiza unha importante labor. A súa principal tarefa refírese ao réxime interior rendendo honras, implementando o ritmo nas paradas militares, xuras de bandeira, despedidas e chegadas de alumnos e buques e outras cerimonias.
Amais Banda da Escola Naval Militar participa tamén ao longo do ano en procesións, concertos e certames e actos de carácter militar.
Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Luns, 12 de abril, ás 18.30h
Entrada libre
Sem comentários:
Enviar um comentário