Este venres, 30 de abril, ás 20,30 horas, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a inauguración dunha exposición conxunta de dous artistas tudenses de dilatada traxectoria; por unha banda o pintor Xosé Luís Méndez “Lis” que presenta a súa mostra “A cor da música e maternidades” e doutra parte o escultor Raimundo Martínez “Rai” que exhibe as súas obras baixo o titulo de “O andar da pedra”. No decurso do acto o compositor e músico Miguel de Santiago interpretará diversas obras.
Esta exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui na súa pretensión de amosar neste espazo expositivo a obra dos artistas locais. Para o seu responsable, Moisés Rodríguez Pérez, é un grande motivo de satisfacción que poidamos contemplar esta exposición que amosa o traballo realizado por dous dos artistas tudenses de máis reputada calidade. Deste xeito a Concellería de Cultura continua traballando a prol da promoción e difusión da obra dos artistas locais, ao entender este un obxectivo preferencial do seu labor.
Sem comentários:
Enviar um comentário