O Teatro Municipal de Tui logrou en 2009 a mellor media de espectadores dos 42 espazos que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En total o ano pasado programáronse catorce funcións acadado unha media de 284 espectadores en cada evento. A media galega sitúase nos 147 espectadores por función.
En segundo lugar na media de espectadores está a Coruña con 283 persoas de media nas 9 funcións realizadas. Terceira é Pontevedra con 25 funcións e 246 espectadores de media.
Dende a Concellería de Cultura quérese amosar o agradecemento ao público pola súa fidelidade e constancia xa que estas cifras son posible grazas á boa resposta obtida á programación realizada. E tamén importante a labor realizar por actores, directores e técnicos que coa profesionalidade e bo facer posibilitan tamén a consecución destas magníficas cifras. Este éxito non sería tampouco posible sen o apoio dos medios de comunicación que co difusión dos distintos eventos contribúen a que a programación do Teatro Municipal chega ao público non só de Tui, senón de toda a comarca e do sur de Pontevedra así coma do Norte de Portugal.
Neste ano 2010 a Concellería de Cultura seguirá traballando para tentar mellorar no posible o servizo que presta á cidadanía, agardando de novo volver contar co beneplácito do público.
Sem comentários:
Enviar um comentário